19 de junio de 2016, 0:44
Como se esperaba o pavillón de deportes de Xinzo foi un fervedoiro perante todo o día. Os rapaces e rapazas dos equipos de base das vilas de Allariz, Barco , Maside, Val de Lemos, Verín e Xinzo encheron tanto as canchas como de xente as bancadas do pavillón.
Vendo algunha das instantáneas nas que se pode ver a entrega dos e das baloncestistas ninguén dubidará do futuro esplendoroso deste deporte.
Pero non todo foi baloncesto (non competitivo), o menos importante foron os resultados. Ao medio día os deportistas gozaron xunto co almorzo cun pequeno parque de inchables no campo da feira.