Bande e Muíños contarán cunha escola deportiva de fútbol

futbol
Bande e Muíños contarán cunha escola deportiva de fútbol

A Deputación subvenciona o deporte en 15 municipios de Ourense

A Deputación de Ourense pon en marcha unha escola deportiva de fútbol nos concellos de Bande e Muíños. A intención é fomentar a práctica deportiva entre os nenos e as nenas da zona e promover o deporte federado. A escola está destinada a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos. Os interesados xa poden anotarse a través da Federación Galega de Fútbol ou acudindo á oficina do Concello. O custe para cada participante será de 9 euros.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, sinalou que "é importante crear unha canteira deportiva para que sexa o complemento perfecto para o deporte de elite na provincia".

Xunto con estes dous municipios da Limia, participan outros 13 máis de toda a provincia con modalidades deportivas como judo, xadrez ou balonmán. Todos eles forman parte deste programa deportivo para o que o ente provincial achega 35.000 euros.