BARBADÁS 1 ANTELA 1

Antela
BARBADÁS 1 ANTELA 1

No 88 chegou ó éxtase cun golazo de semivolea de Xoel.

Primeiro derbi da tempada ante un rival de moita entidade. Os branquinegros viñan dunha mala imaxe no Grove e a afección esixía outra actitude para afrontar o partido. A resposta foi excelsa. Os pupilos de Moisés mostráronse solidarios e ben colocados en defensa. Na primeira parte non houbo máis opción que repregarse e aguantar as ocasións dos azuis. As máis claras foron, unha man sacada por Taboada, e un lanzamento de Dani Chimpín á trabe.

Na segunda parte menos agarrotados foron Joni e Xoel os que intimidaron intimidamos ao rival. Por volta do 70, un pase filtrado de Gallego a Saúl supuxo o 1-0. Nese momento foi cando a afección pataqueira se veu arriba e animou ó equipo. No 88 chegou ó éxtase cun golazo de semivolea de Xoel.

publico

112 persoas de Xinzo acudiron á cita para apoiar ós branquinegros lembrando tempos pretéritos cando o Antela era un habitual pola Preferente. Só as lesións e a inmadurez futbolística nos impiden ascender na táboa.