O Benxamín C conta os partidos con vitorias

Magosto edc
O Benxamín C conta os partidos con vitorias
O Alevín C tamén gañou ao Pavillón Ourense 1-3

Este fin de semana pasado os equipos do EDC Xinzo , tanto de Fútbol 8 como 11, disputaron a xornada de fútbol base con dúas grandes noticias.

Os Benxamín C desprazáronse ata Monforte para enfrontarse ao líder, vencéndoos co que manteñen a imbatibilidade no que vai de liga con 4 de 4 gañados.

Tamén destacaron os Alevíns C contra que foron a xogar contra o Pavillón, traendo os 3 puntos para Xinzo.

MAGOSTO

Para destacar neste novo fin de semana, esta tarde o magosto da escola a partir das 17:30 no que xa están anotado máis de 250 participantes.