O Benxamín Femenino, subcampión provincial

BENJAMIN fem.
O Benxamín Femenino, subcampión provincial
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ Despois das vacacións de Semana Santa, a maioría dos equipos do A.B Xinzo voltaron á competición. Esta fin...
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

Despois das vacacións de Semana Santa, a maioría dos equipos do A.B Xinzo voltaron á competición. Esta fin de semana estaba marcada pola disputa da final provincial na categoría Benxamín Feminino, entre o C.B Allariz e o A.B Xinzo.

O partido disputouse la localidade de Maceda o pasado sábado día 26, e as rapazas adestradas por Gabriel Mandianes saíron moi animadas, co ánimo de competir e facelo o mellor posible. E así foi, a pesar da corta idade destas xogadoras, mostraron un carácter positivo fronte a un rival que foi mellor durante todo o partido. Pero desta vez non puido ser, o partido rematou cun resultado de 92 a 66 favorable para o equipo alaricano.

Os resultados positivos viñeron da man dos outros equipos benxamíns do A.B Xinzo. O Benxamín Masculino derrotou ao EDO Prácticas a domicilio cun marcador de 34 a 35, conseguindo unha vitoria “in extremis”. E o Benxamín Mixto acadou unha vitoria fronte ao Mestre Vide cun marcador final de 49 a 29.

En cambio caeron derrotados o equipo Infantil Masculino e o Cadete Masculino. O equipo de Miguel Ángel comezou a xogar a Copa Deputación, e tocoulle o emparexamento fronte o equipo de Blanco Amor, rival moi potente e superior fronte os rapaces de Migui, moitos xogadores de categoría alevín. O partido acabou cun resultado final de 101 a 19.

Por outra banda,  os rapaces de David, caeron tamén no seu cruce de Copa fronte Blanco Amor cun resultado final de 89 a 45. A pesar da amplitude do marcador, o equipo viuse afectada pola lesión de Joel no minuto 5 de partido, o cal non puido voltar a axudar os seus compañeiros.