Boa imaxe do Antela , pero o mesmo resultado de costume

50014488_608498416253041_5066849876315209728_o
Boa imaxe do Antela , pero o mesmo resultado de costume

378 afeccionados achegáronse ata o Generali Moreira

Derrota dos branquinegros cando todo indicaba o empate. No primeiro acto houbo dúas ocasións claras para cada equipo. O Estradense materializou as dúas; un penalti por man de J. Carlos e unha xogada trenzada pola banda esquerda. As nosas foron dous mans a mans de Xoel que interceptou o porteiro visitante.

Na segunda saíron moi fortes os branquinegros. Recortaron distancias por medio de Joni nun gol dende a frontal e pouco despois chegaría o empate nunha xogada colectiva que acabaría cunha asistencia de Fali para Xoel. Os visitantes aproveitaban as contras, todas elas intervidas polo debutante Berto.

O 2-3 definitivo chegaría nun mal despexe. Boa imaxe pero o resultado de sempre. O mellor é que o Antela vai recuperando efectivos. O peor é que os rivais directos seguen sumando.

A afección de 10 coma sempre. 378 persoas acudiron ó Generali Moreira

PRIMEIRA BAIXA VOLUNTARIA NO EQUIPO

49948948_609010796201803_4456047725154140160_nÁlex Salgado abandona de "motu proprio" a disciplina antelista

"Foi un pracer defender estes 3 anos a portería e a camisola do Antela. Doulle as grazas tanto a directivos, corpo técnico como a xogadores, especialmente por poder compartir vestiario con eles durante este tempo.
Levo moitos amigos da Moreira. Seguirei animando e desexándolle o mellor ó Antela.

O meta limiao vaise despois de lograr o ascenso e o trofeo ó porteiro menos goleado o ano pasado. Foi moi bonito sentir e vivir o ascenso e poder devolver o Antela á Preferente.

Dende o club anelámoslle a mellor das sortes e agradecémoslle os servizos prestados. O Antela sempre será a túa casa.