O Boado, de cheo nos postos de perigo

mms_img16560169981
O Boado, de cheo nos postos de perigo
O conxunto laranxa perdeu por tres goles a un ante o Ponte Ourense, e o Antela segue a súa caída...

O conxunto laranxa perdeu por tres goles a un ante o Ponte Ourense, e o Antela segue a súa caída cunha nova derrota en Celanova

MARÍA FERNÁNDEZ ROMERO

Ponte Ourense 3 - Boado 1 O sábado tódolos esforzos do Boado caeron en saco roto. Eran forasteiros en Oira, e sucumbirán sen remedio por tres goles a un. Este novo mal resultado para o laranxas colócaos nunha situación comprometida, con apenas catro puntos no seu haber, e unha perigosísima posición número 17, a un só punto do pechacancelas. A vindeira xornada, que será xa a novena, tocaralle viaxar ata Celanova, rival que en principio podería ser asequible, e se cadra darlle unha oportunidade aos limiaos para remontar a mala racha de resultados, cunha soa victoria desde que se iniciara a tempada.

Antela 0- Celanova 2 O derbi do Furriolo solventouse cun cero a dous na Moreira, por obra e gracia do Sporting Celanova. O equipo visitante dominou a escena desde o minuto dous, marcando o primeiro tanto do partido. E tras este forte comezo, o Antela baixou os brazos e deixou pasar o tempo mentres o rival conseguía volver a anotar. Dous goles que se converten en tres puntos, e que son verdadeira auga de maio para os celanoveses. Mentres tanto, os branquinegros quedan con seis puntos e descenden unha posición na táboa, ata o número 14.

O Bande golea en Allariz e o Muíños en Cartelle O Piñeira Seca empatou ante o Muntián e o Entrimo caeu fronte ao Soutopenedo

O Bande continúa como líder indiscutible do décimo grupo da Segunda División Autonómica a pesar do esvarón da semana pasada. Onte confirmouse como tal nos Cruceiros, cun verdadeiro festival de goles, derrotando ao Allariz por seis tantos a un. O equipo da Baixa Limia suma xa 21 puntos, consolidando xornada tras xornada o seu liderado, cunha sola derrota no seu palmarés. Na próxima xornada tocaralle visitar ao Maceda, que navega na metade da clasificación.

Ata catro goles conseguiron anotar os homes do Muíños o sábado no Municipal ante o Cartelle. O partido resolveuse sen dificultade cun único fallo da defensa local, que acabou no único tanto marcado polos visitantes. Na vindeira xornada de liga, a novena, que se xogará o 27 de outubro, o Muíños viaxará a Xinzo para medirse nun derbi ante o Piñeira Seca. Este último conxunto empataba onte a uns, ante o Muntián. Tres puntos pois, que se reparten e que deixan ao equipo limiao na decimoterceira posición con dez puntos.

O dobre derbi da xornada resólvese con vitoria para o Porqueira e o Lobios O Calvos de Randín empatou a uns co San Roque

Esta fin de semana os equipos limiaos do grupo 12 da Terceira Autonómica enfrentábanse todos entre si, excepto o Calvos. Este dobre derbi solventouse coas vitorias do Porqueira e o Lobios ante o Antela B e o Vilar de Barrio, por un gol a cero. O único que debía enfrentarse a un forasteiro, o Calvos de Randín, empataba na casa a uns ante o San Roque. Así o Porqueira e o Lobios mantéñense no podio no primeiro e terceiro posto, respectivamente. O Antela B é sexto, e o Vilar de Barrio e o Calvos miran aos veciños desde a segunda metade da táboa. Segundo o calendario para a vindeira xornada, o Antela e Lobios xogarán na casa onde recibirán ao Cidade das Pontes e ao Vilardervós, e ao Calvos, Porqueira e Vilar de Barrio tocaralles viaxar aos campos do Espadana, Paderne e San Roque.