miércoles 20/10/21

O Boado empeza a entrar nunha boa dinámica

RICKY Empezamos o resumo cun gran Boado que empeza a entrar nunha boa dinámica. O Boado provocou unha cicloxénese explosiva no...
boado

RICKY

Empezamos o resumo cun gran Boado que empeza a entrar nunha boa dinámica. O Boado provocou unha cicloxénese explosiva no seu partido contra o equipo da Ciralla. Nunha tarde extremadamente fría presentábase o Allariz no JA Carrera. A presenza de varios alaricanos nas filas do Boado converteuno nunha especie de derbi.

O Boado saíu a por todas cunha forte presión e saíndo rápido e combinado cara a portería rival o que facía que o Allariz non puidera xogar. Froito desto chegaría o gol local, un potente cabezazo de Pablo Currás sería o 1-0, e así chegaríase ao descanso. O Boado saía enchufado pero no min 50 o Allariz empataría nun sensacional libre directo dende a frontal. Pero o Boado seguiría xogando e chegando así Vispo , que volvía despois de 2 meses, axustaría un man a man.  So dez minutos despois Vispo lograría un dobrete despois dunha fermosa manobra de Diego, remataría a conta local Vila que de caño conseguía o 4-1. O Boado xa co resultado obtido relaxaríase e o Allariz conseguía o 4-2 final. Vitoria importantísima que permite ao Boado seguir na loita por saír do descenso.

O outro equipo de 1º rexional viaxaba o feudo do Velle cun rival directo pero o equipo de Roberto non foi quen de, en ningún momento, dar síntomas positivos,perdeu por un claro 3-0 que en ningún momento viu peligrar o equipo local. Só  Samuel foi quen de crear algo de perigo individualmente. O equipo limiao había tempo que non estaba tan mal estruturado, e de aí que o 11 inicial se compuxera de xogadores do Antela B e Xuvenís. Mal pintan as cousas para este equipo que necesita un cambio de imaxe rápido de aquí á final de tempada.

Na segunda rexional o Piñeira visitaba ao pechacancelas Allariz B. O equipo visitante púñase por adiante cun gol de Ricky despois de este fallar dúas ocasións clarísimas. O Allariz empataba no minuto 40, e no 44 xa se adiantaba no marcador,mal día para o conxunto de Kiko que para a semana se mide a un rival directo.

En terceira, vitoria importantísima do Porqueira que no último suspiro se impuña ao Vilardevós por 3-2. E para a semana loita por acercarse ao terceiro posto entre Calvos e Antela b todo un derbi.

Categorías Inferiores Monforte 1-2 Xuvenís Cadetes 2-1 Ribeiro Infantiles 4-1 Verín Alevín A 7-2 Pabellón Promesas Allariz 4-4 Alevín b Benxamín A 7-2 Velle Celanova 1-3 Benxamín B Prebenxamín 13-0 Barbadás

Comentarios