O Boado recibe a copa da Liga

Copa Boado
O Boado recibe a copa da Liga
A Federación Galega de Fútbol entregoulle ao equipo limiao o trofeo de campión da Segunda División Autonómica da tempada 2012/2013 REDACCIÓN O...

A Federación Galega de Fútbol entregoulle ao equipo limiao o trofeo de campión da Segunda División Autonómica da tempada 2012/2013

REDACCIÓN

O pasado domingo iniciábase a liga na Primeira División Autonómica, na que xogan dous equipos limiaos, o Antela F.C. e o Boado F.C. Este último, despois de proclamarse a tempada pasada campión da Segunda Autonómica, recibiu neste  seu primeiro partido como equipo de primeira, de mans do delegado provincial da Federación Galega de Fútbol, o ben merecido trofeo. Foi no campo da Moreira, onde 90 minutos despois caía derrotado ante o Monterrei, por 1 a 2. Para coñecer o resto dos resultados dos equipos limiaos, preme aquí.