Sonia Fondevila é unha rapaza de 23 anos, natural de Xinzo de Limia. Dende o dendealimia.com quixemos pafalar con ela debido á súa participación na "Carreira de obstáculos OCR Alta" de Allariz. Trátase dunha proba de 9 Km con entre 30 e 35 obstáculos naturais polo camiño. Sonia, no seu camiño cara a meta, tivo que cruzar un río ou subir unhas escaleiras con sacos ás costas.
Na proba popular na que participaron até 300 atletas de Galicia e de fóra do país.
Na proba popular na que participaron até 300 atletas de Galicia e de fóra do país, esta limiá alzouse coa medalla de bronce na categoría feminina. Non só foi a terceira clasificada absoluta de entre todas as mulleres, senon que o fixo sendo a primeira vez que participaba nunha proba destas características.
Sonia está federada para probas de alta montaña e foi á compeiticón como parte do equipo que representaba Xinzo de Limia e no que participaban máis de 20 homes e mulleres pertencentes ao ximnasio Fusion Fitness.