viernes 27/5/22

Bronce para Rubén Diz no Campionato galego de campo a través

O limiao loitou contra o barro en Negreira pero o primeiro posto foi para Pedro Nimo REDACCIÓN/DEPORTES [email protected] Twitter: @Dendealimia O pasado domingo o...
Rubén Diz 16.02

O limiao loitou contra o barro en Negreira pero o primeiro posto foi para Pedro Nimo

REDACCIÓN/DEPORTES

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

O pasado domingo o atleta limiao Rubén Diz facíase co terceiro posto e a medalla de bronce no Campionato de Galicia de campo a través, celebrado no Concello de Negreira. Diz compartiu podio con Pedro Nimo e Robertas Geralavicius, que obtiveron o primeiro e segundo posto, respectivamente.

Este bo resultado de Rubén Diz permítelle o acceso ao campionato de España desta especialidade onde volverá a representar a Galicia unha vez máis. O corredor xa prepara o Campionato de España de media maratón que o levará ata A Coruña na fin de semana que ven.

Bronce para Rubén Diz no Campionato galego de campo a través
Comentarios