Bufandas e camisetas dos equipos locais da Limia entre o público do programa "El Chiringuito de Jugones"

Jugones
Bufandas e camisetas dos equipos locais da Limia entre o público do programa "El Chiringuito de Jugones"

O Boado, o Piñeira Seca e o Antela presentes no espazo televisivo que se emite a partir das 00.00h

O fútbol da Limia vai estar representado no programa deportivo presentado polo polémico Josep Pedrerol que se emite esta noite a partir das 00.00h na canle Mega.

A historia comezou cando un grupo de amigos de Xinzo de Limia acudiu ó Estadio de Dragão para ver un partido entre o Oporto e o Estoril. Neste encontro deportivo conseguiron que o porteiro Iker Casillas lles regalase un dos seus guantes e sacáronse unha foto co xogador.

A saída do estadio un reporteiro da canle La Sexta estaba agardando por eles para facerlles unha reportaxe. Así comezaron a conseguir os contactos que hoxe os levan ó publico do programa "El Chiringuito de Jugones". Estes rapaces levan consigo bufandas e camisetas do Boado, o Antela e o Piñeira Seca que lucirán entre o público. A súa intención é apoiar e promocionar o deporte local e entregar "merchandising" dos equipos da Limia a Pedrerol e ó resto de colaboradores, xunto con licor café e mesmo patacas da Limia.

Atentase atentos ás pantallas que o reto está en marcha.