O C.OB. visita ao A.B.Xinzo coas súas estrelas internacionais
21:52 17/05/23
21:52 17/05/23
Chaz Wilians, José Nogués, KurKuath e Peciukevicius xogaron, fixéronse fotos e firmaron autógrafos as xogadoras e xogadores do A.B. Xinzo
Esta tarde o pavillón de deportes de Xinzo volveuse a encher de xogadores e xogadoras de basket, aínda que desta, sen público, posto que a atracción eran xogadores do C.O.B. que se desprazaron ata a vila, acompañados da mascota do club, para facerse fotos, encherse de firmar autógrafos e respostar a todas aquelas inquedanzas dos xogadores e xogadoras locais.
Tamén se fixeron uns cantos partidillos entre os xogadores do C.O.B e os do A.B. Xinzo.

