O cabalo máis rápido de Galicia vaise escoller no Hipódromo de Antela

cabalos
O cabalo máis rápido de Galicia vaise escoller no Hipódromo de Antela

A cita é esta fin de semana

Esta fin de semana celébranse dous eventos importantes no hipódromo. O día 10 de outubro, o sábado, ten lugar o IX Campeonato Provincial de Doma Clásica de Ourense. Os mellores xinetes e amazonas da provincia optarán ós postos de honra. Competirán en categorías de distinto nivel e recibirán como premio unhas medallas. O campeonato está organizado polo Club Deportivo Ecuestre de Ourense, Centro Ecuestre Antela e Valdemunde Team e Federación Galega de Hípica.

O luns 12 de outubro celébrase a terceira xornada de carreiras da tempada. Un evento único en Galicia que conta con 19 cabalos procedentes de 12 cuadras galegas que se darán cita na area do recinto antelano. Neste día vaise resolver a incógnita do Turf Galego otorgando o título de Cabalo máis rápido de Galicia nas razas de Pura Sangue Inglés e Pura Raza Arabe na distancia de 1500 metros. Entre os favoritos destacan os vencedores de edicións pasadas, Iberia du Desert e Xas.

A xornada péchase arredor das 14h cunha carreira de exhibición de Trote Enganchado.

Jockey Club Galicia organiza este evento e sinalan que pouco a pouco se vai consolidando esta actividade, pero que aínda lles queda traballar máis para facer que as tempadas no hipódromo sexan atractivas para a xente.