Un cabalo ourensán gaña por primeira vez un premio nacional de trote no Hipódromo de Antela

cabalosss
Un cabalo ourensán gaña por primeira vez un premio nacional de trote no Hipódromo de Antela

A xornada nacional de Trote Enganchado que se celebrou o pasado domingo no Hipódromo de Antela, deixou un bo sabor de boca para os locais.

O Premio Baixa Limia foi parar para o cabalo Quartz D'Houssaye da Cuadra Manuel Puga de Villamarín. O xinete M.Domitila foi quen recibiu o galardón xunto co trotón francés que se adestra a diario nas instalacións do hipródromo antelán.

cabalo

Por primeira vez un cabalo dunha cuadra de Ourense resulta gañador dun Premio Nacional de Trote Enganchado.

A segunda praza foi para o cabalo Astrologue da mesma cuadra ourensana na segunda carreira Premio Jockey Club Galicia. Dende a organización califican a xornada como "todo un éxito de resultado para unha disciplina nacional que se estreou este ano na provincia baixo a regulación da Federación Española de Carreiras de Trote e o Jockey Club Galicia".