Os cadetes do Antela, campións da Copa Semecor

cadetes antela
Os cadetes do Antela, campións da Copa Semecor
DAVID CARNERO Twitter: @DAVIDCARNERO O Antela cadete despois de xogar un gran torneo conseguiu chegar a final da Copa Semecor  na que...
DAVID CARNERO Twitter: @DAVIDCARNERO

O Antela cadete despois de xogar un gran torneo conseguiu chegar a final da Copa Semecor  na que o plantel de Xinzo entrenado por Pepe e Juan alzouse co título.

A final disputábase no campo Polígono de San Cibrao ante un rival difícil como o C.D Ourense que a priori era o gran favorito para levarse o torneo, pero o equipo de Xinzo non lle puxo as cousas fáciles, o equipo da capital e adiantouse por dúas veces no marcador levando un resultado de 2-1 os minutos finales do partido.

Cando a final xa estaba case decidida para os de Xinzo o árbitro do encontro sinalou unha pena máxima en contra dos intereses limiáns que o CD Ourense non desperdiciou empatando a final.

Con este resultado o trofeo disputaríase na tanda de penaltis. Xa na rolda de lanzamentos destacar as intervencións do porteiro antelán Jose Carlos  coa parada de dous penaltis, así como o acerto no último penalti do infantil Manuel Araujo.