O campión mundial de Duatlón GGEE será Expediente de Honra do Concello de Xinzo

alberto-gz-a
O campión mundial de Duatlón GGEE será Expediente de Honra do Concello de Xinzo
A Concellería de Deportes quere homenaxear a Alberto González levando esta petición ao pleno ordinario do mes de xuño REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O...

A Concellería de Deportes quere homenaxear a Alberto González levando esta petición ao pleno ordinario do mes de xuño

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

O pasado un de xuño, un limiao, Alberto González Gil convertíase no campión mundial de Duatlón na súa categoría, o grupo de idade 35-29 Sprint. O logro máis recente deste atleta que conseguía completar esta proba que combina a carreira e a bicicleta en 57 minutos e 55 segundos converténdose no mellor. Ante esta última fazaña e tendo en conta todas as anteriores que ten acometido a Concellería de Deportes de Xinzo de Limia levará á vindeira comisión informativa a solicitude da tramitación do seu Expediente de Honra. Unha formalidade que se aprobará no vindeiro pleno ordinario do mes de xuño.

Alberto González nacía en Xinzo hai 36 anos e hoxe dedica os seus día a ensinar Educación Física en Madrid. Ademais diso, e de ser campión do mundo de Dúatlon, en 2012 foi número 1 do “ránking Nacional de Triatlón” durante catro meses. Xa en 2011 fora internacional por primeira vez na copa de Europa celebrada na localidade marroquí de Larache, e na actualidade este atleta reparte o seu tempo como deportista entre tres equipos de nacionalidades diferentes: O TRIVIAL- Triatlón Valdemoro, no portugués Clube Triatló Perosinho e no italiano club Los Tigres.