viernes 3/12/21

Campionato de España de Trampolín en Ourense

Pertencentes a 31 clubes de 10 federacións autonómicas, entre os ximnastas que acudirán a Ourense figura a delegación que representará a España no Campionato do Mundo que se celebrará do 18 ao 21 de novembro en Azerbaiyán

Presentación do Campionato de España e Nacional de Base de Trampolín a celebrar no Pazo dos Deportes "Paco Paz" os vindeiros días 29 ó 31 de Outubro de 2021. Asisten ó acto Rosendo Fernández (VicePresidente da Deputación Ourense), Mario Guede (Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense), Manuel Pérez González (Xefe territorial de deportes da Xunta de Galicia en Ourense) e Jose Manuel Estévez Feiijoo (Presidente da Federación Galega de Ximnasia).

O Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá do 29 ao 31 de outubro o Campionato de España e Nacional Base Divina Seguros de Trampolín, no que participarán preto de 400 deportistas, pertencentes a 31 clubes e 10 federacións autonómicas, que competirán nas modalidades de dobleminitramp, tumbling, trampolín e sincronismo. A cita deportiva foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández; o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; e o presidente da Real Federación Española de Ximnasia, Juan Manuel Estévez.

123188_1Coa participación de 70 adestradores e 16 xuíces, Galicia estará representada neste campionato cunha expedición de 89 ximnastas, a segunda comunidade con máis inscritos logo de Castela e León que achega 94 deportistas. Cómpre destacar ademais que nesta proba participará a delegación que representará a España no Campionato do Mundo que se celebrará do 18 ao 21 de novembro en Bakú (Azerbaiyán). Ademais da propia federación, esta cita ten como principal patrocinador a Divina Seguros, que concederá unha bolsa aos ximnastas clasificados en primeira posición nas categorías de elite.

Os organizadores do campionato, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense, destacan tamén que esta proba vai ser a primeira con asistencia de público, nun paso máis para a volta á normalidade e con medidas específicas de seguridade, ademais de contar coa colaboracion de todos os clubes galegos e a importante implicación dos ourensáns Club Ximnasia Pavillón, Escola Ximnasia Pavillón e Escola Burgas.