Mañá luns, día 5 de decembro, presentarase no Salón de Plenos da casa consistorial de Xinzo de Limia, o Campionato Galego de Fútbol 8 de Seleccións Comarcais Sub-12.
O torneo desenvolverase o martes, 6 de decembro, nas instalacións deportivas da Moreira. A entrada será gratuíta para todo aquel afeccionado que queira asistir. O evento está organizado pola Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Xinzo e coas Escolas Deportivas municipais.
Haberá categorías masculina e feminina e enfrontaranse as seleccións de Ourense, Vigo, Pontevedra, Lugo, Compostela, A Coruña e Ferrol.
Velaquí os horarios da categoría masculina:
Velaquí os horarios da categoría feminina: