O Campo Fdz. Carrera terá, gradas novas e cafetería

62
O Campo Fdz. Carrera terá, gradas novas e cafetería

O Concello xa finalizou o proxecto

Os servizos de arquitectura do Concello de Xinzo xa finalizaron o prometo da 2ª fase de instalación de gradas móbiles no campo de herba artificial Fdz. Carrera.

Unha vez rematada a primeira fase na que se construíu con cartos da Deputación Provincial infraestrutura necesaria, agora será o Concello con fondos propios o que acometa a segunda fase instalando gradas portátiles, que en calquera necesidade poderán ser trasladadas a outro evento.

Así mesmo na parte superior das gradas instalarase unha cafetería acristalada para que os acompañantes dos centos de rapaces e rapazas que cada día se desprazan aos adestramanetos véndoos, como no dia dos partidos poidan estar vendoos sen estar ao frío.

PISTA PARA BICICLETAS

Na visita que o primeiro mandatario Antonio Pérez ao Presidente da Xunta, entre outros proxectos a financiar polo goberno autónomo estaba a construción dunha pista de bicicletas e peonil, dende a saída do pobo ata as instalacións da Moreira. Desta maneira a seguridade sería integra para todos os que se acercan as instalacións deportivas.