4 de junio de 2018, 1:36
Do 25 de xuño ao 29 de xuño terá lugar o Campus de Ximnasia do 2018 no pavillón municipal
de Xinzo, organizado polo club E. D. C. Xinzo e o Concello. Este evento celebrarase de 10.00
a 14:00 h e vai dirixido a aqueles meniños e meniñas nacidos no ano 2013 ou anos anteriores.
Coa cota de inscrición inclúese o equipamento do campus e tamén unha comida saudable a media mañá. Ademais, os nenos e nenas poderán gozar da piscina exterior de Xinzo de Limia cada día.
Para máis información e realizar as inscricións, pódese consultar no pavillón de deportes ata
o día 14 de xuño