Carlos Canal ficha polo Movistar Team
O ciclista limiá poderá correr en carreiras da UCI Wolrld Tour
Onte o club ciclista máis representativo do panorama español anunciou a fichaxe do ciclista de Xinzo Carlos Canal, por dúas temporadas, co que poderá correr calquera carreira que estea amparada pola UCI (Unión ciclista internacional).
É un soño cumprido
O corredor da Limia, cando xa se soubo oficialmente a súa fichaxe afirmou que isto “era un soño cumplido”. «Es un equipo de referencia en España y a nivel internacional, y pasar a la máxima categoría con ellos es la combinación perfecta. Un corredor joven como yo sueña con estar en el equipo español por excelencia, un lugar por el que han pasado tan grandes corredores»
Último ano como sub-23
Este ano será o seu último como sub-23 pasando a elite do ciclismo mundial e nun dos mellores equipos, co que pode conseguir moitos máis éxitos.