Carreira popular Concello de Xinzo

247
Carreira popular Concello de Xinzo

Mañá domingo 13 a partir das 10:40 polas rúas de Xinzo

Mañá domingo as rúas de Xinzo encheranse de corredores dende os mais cativos que farán unha distancia adecuada a cada idade ata os Senior absolutos que terán que percorrer a distancia de 10 Km, homologada.

251

A saída e a meta serán no pavillón dos deportes. O itinerario da carreira está marcado en vermello no mapa da imaxe. Cortaranse as vías de acceso ao itinerario por onde correrán os participantes, quedando como vías alternativas ao tráfico as rúas marcadas en azul. A duración das diferentes probas estímase que terá unha duración dunha hora.

Durante ese tempo algunhas das rúas estarán cortadas e debidamente senalizadas pola Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil do Concello que colaboran na súa organización.