Carreiras de cabalos polo Día das Letras Galegas

Salida de Cajones 2017 Hipodromo de Antela
Carreiras de cabalos polo Día das Letras Galegas

Nesta ocasión o Premio Carlos Casares disputarase ás 14:00 horas onde veremos un incuestionable enfrontamento entre os cabalos de raza inglesa das cuadras galegas.

Os amantes dos cabalos tamén terán mañá posibilidade de celebrar o día máis importante das nosas letras vendo galopar no Hipódromo de Antela. Haberá tamén exhibicións e carreiras de ponis.

A primeira carreira disputásese ás 12:00 horas con 7 cabalos ingleses en liza para o Premio "Un país de palabras". A segunda carreira está previsionada para as 12:40 horas e é exclusiva para cabalos de Pura Raza Árabe. Seis serán os cabalos que disputen esta proba .

17973739_1328007580615352_7334825923245648295_o

Ás 13:00 horas terán unha exhibicion de cabalos Pura Raza Galega en "Doma Clásica" e "Alta Escola", posta en valor do noso histórico PRG da man da Asociación Cabalo Galego. Xa as 13:20 horas, os xinetes do mañá enfrontaranse cos seus inquedos ponis. Coma sempre, sairán en handicad para compesar a altura de cada poni.

IMG_20170516_123119

Celébrase, xa que logo, un ano máis, a xornada Clásica de Carreiras do Día das Letras Galegas. Nesta ocasión o Premio Carlos Casares disputarase ás 14:00 horas onde veremos un incuestionable enfrontamento entre os cabalos de raza inglesa das cuadras galegas.

cartel dia das letras galegas y premios

O gañador de cada carreira, ademáis do premio económico, recibirá un libro escrito por Carlos Casares. Ao concluír a xornada sortearase entre os asistentes outra obra do escritor Carlos Casares. Todos os libros foron doados polo Concello de Xinzo de Limia .