As categorías inferiores seguen sumando

O Alevín masculino . DAL
As categorías inferiores seguen sumando
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ Nesta fin de semana de temperaturas frías, o club de baloncesto da vila de Xinzo retomou a competición...

DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

Nesta fin de semana de temperaturas frías, o club de baloncesto da vila de Xinzo retomou a competición en diferentes categorías, onde se colleitaron resultados moi positivos e outros negativos para os intereses da entidade.

A xornada comezou o sábado a mañá, co partido do alevín masculino, que recibía o equipo de Bosco Salesianos no pavillón municipal de Xinzo. O equipo de Luis Miguel fixo un partido moi serio e xogado con moita intensidade polo pupilos adestrados por Luis, onde colleitaron unha clara vitoria por 76 a 24. Despois, tocoulle ao equipo cadete masculino, o equipo de David Fernández enfrontábase a un óso duro de roer, o equipo Bosco Salesianos 99. O partido empezou costa arriba para o equipo da casa, pero pronto atoparon un ritmo e unha dinámica de xogo, onde os rapaces se sentían cómodos. Finalmente a vitoria foi para o equipo visitante, cun resultado de 49 a 66, pero con boas sensacións no xogo e na actitude dos rapaces de Xinzo, fundamental para a súa evolución.

Nesta xornada do sábado a mañá, os equipos do benxamín feminino, e benxamín masculino tiveron que desprazarse ata Ourense. As rapazas de Gabi, conseguiron a vitoria fronte o EDO Rosales, cun marcador de 22 a 44. A pesar da avultada diferenza, o marcador foi enganoso, xa que o equipo visitante non se desprendeu do marcador ata o último cuarto. Pola outra banda, o equipo de Andrés visitaba o EDO Barbadás, o partido tivo un claro dominador que se re?exou no resultado final de 6 a 56.

Outro desprazamento da xornada do sábado levouno a cabo o equipo cadete feminino, que se desprazou ata a vila veciña de Verín. As rapazas de Manolo, disputaron un encontro irregular, que acabou coa vitoria local por 33 a 25. E para rematar a xornada do sábado queda por falar do partido do equipo senior masculino, que se enfrontou contra o equipo da Valenzá. Os rapaces de Gonzalo sufriron un duro revés, xogaron un partido onde se apreciou a falta de acerto que está atravesando o equipo a hora de atacar ao equipo rival, e caeron por un avultado marcador de 71 a 39.

Esta xornada, rematou o domingo co partido de categoría infantil feminino, o equipo adestrado por Oscar. Desprazáronse a Ourense para xogar contra o Pabellón feminino. O encontro tivo un claro dominador local no marcador, 89 a 15. O resto dos equipos como o infantil masculino e benxamín mixto descansaron esta xornada.