Patricia F.S
15 de junio de 2016, 21:18
A Limia segue colleitando éxitos no deporte desta volta na modalidade de atletismo. O sábado tivo lugar o Campionato Galego de Atletismo e catro limiáns conquistaron o podio da proba que se celebrou en O Barco de Valdeorras.
En total un ouro e tres pratas que conseguiron os deportistas da Asociación Deportiva Limiactiva.
Raúl Lorenzo rematou a xornada como campión de 2000 m en categoría alevín. Elena García foi subcampioa alevín en lanzamento de xabalina. África Gómez acabou sendo subcampioa alevín dos 60m e Lucas Carnero subcampión dos 1000m categoría benxamín.
En total foron 15 atletas os que representaron ós equipos limiáns neste campionato.