Catro de catro, pero perdidos
22:15 01/10/23
22:15 01/10/23
Non se recorda un inicio de liga como este do Antela en moitos anos
Hoxe tampouco puido ser, aínda que a esperanza de virse para a casa cun punto trocouse no minuto 88, a tan solo 2 do pitido final. O Antela volveu para Xinzo con outra derrota máis e van catro de catro.
MELLOR IMAXE
Aínda que o resultado final foi o mesmo que os outros partidos anteriores, segundo nos indican dende o propio club, a imaxe que deu o equipo, foi moi diferente que nos anteriores, loxicamente enténdese que mellor. Neste caso faltounos un pouco de sorte, merecendo un mellor resultado.