Cetrería en Xinzo

Cartel anunciador
Cetrería en Xinzo

Este fin de semana As Lamas (Xinzo) será sede do XIX Campionato Galego de Cetrería

Organizado pola Federación Galega de Caza o 25 e 26 celebrarase en As Lamas do concello de Xinzo o campionato galego da modalidade de caza, cal é a cetrería.

Os participantes chegarán a nosa Vila na tarde do venres, onde na Casa de Cultura terá lugar o acto do sorteo dos voos as 21:00.

O día seguinte 25 as 09:00 comezarán as probas para rematar as 21:00 coa clasificación dese día.

Despois os participantes terán unha cea de confraternización.

O domingo as 09:00 comezarán outra vez os voos para as 13:00 facer a entrega de trofeos.