Chega a sétima edición dos 10 km de Xinzo

cartel carreira Xinzo
Chega a sétima edición dos 10 km de Xinzo
Esta proba está homologada pola Federación de Atletismo e organizada pola Asociación Limiactiva e o Concello REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Mañá, Xinzo ten unha...

Esta proba está homologada pola Federación de Atletismo e organizada pola Asociación Limiactiva e o Concello

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

Mañá, Xinzo ten unha cita co atletismo. Máis de 500 atletas de toda a xeografía galega, española e portuguesa disputarán a VII 10 km Vila de Xinzo de Limia, unha proba homologada pola Real Federación Española de Atletismo. Os organizadores da proba, e encargados de coordinar aos corredores para que todo saia a pedir de boca, son a Asociación Limiactiva e a Concellería de Deportes que ademais “esperan que o bo tempo acompañe durante a mañá”.

A proba dividirase en cinco carreiras. Os máis madrugadores serán os infantís-cadetes, que sairán do pavillón limiao as 10.30 horas para correr unha distancia de 2.300 metros. Seguiralle contra as 10.50 horas a benxamín-alevín de 1.500 metros. Ás once da mañá comezará a proba absoluta de 10 quilómetros. E as 12.30 e 12.40 horas saíran os máis noviños, prebenxamín e pitufos, respectivamente. Estes cativos correran tramos de 350 e 150 metros.

Torneo de Natación 

Onte a tarde o persoal da piscina climatizada municipal, dependente da Concellería de Deportes, organizaba o III Torneo de Natación Concello de Xinzo de Limia. Nesta proba, máis de 50 participantes buscaron a súa praza para entrar na selección que competirá nos vindeiros compromisos coas piscinas de Chaves (Portugal), Allariz e Verín.