Este sábado, día 13 de maio, Xinzo de Limia erixiuse coma unha caste de capital galega do deporte. Ademáis do fútbol infantil e benxamín, o Pavillón de Deportes acolleu a primeira fase da Copa Deputación de ximnasia.
O pavillón estivo cheo durante toda a mañá.
Foron máis de 400 os participantes que, representando a todos os clubs de ximnasia da provincia de Ourense, demostraron as súas dotes nesta disciplina diante dun numeroso público. Todos eles participaron nunha competición única, a máis importante da provincia do interior de Galicia.
E como non podía ser doutro xeito, houbo unha importante presenza do talento limián. Estas son todas as rapazas e rapaces do club ED Xinzo que participaron no torneo de ximnasia, con todos os trofeos e medallas recibidos.
Sandra e Heidy son as entrenadoras de todoas estas rapazas e rapaces de Xinzo que fixeron unha moi boa actuación na Copa Deputación. O pavillón estivo cheo durante toda a mañá e, na hora das exhibicións e entrega de trofeos, non chegaban as gradas.
Foron tamén varios os equipos de Xinzo quedaron en primeira posición e moitos os que ficaron en segunda e terceira. Case todas as participantes da Limia tiveron distinción.