As chicas do Xinzo Femenino FS de fútbol sala buscan apoios

As chicas do Xinzo Femenino FS de fútbol sala buscan apoios

Estas rapazas necesitan colaboración xa sexa en forma de patrocinio ou material deportivo para poder seguir xogando

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

As xogadoras do Xinzo Femenino FS precisan de apoio. Estas mozas queren seguir xogando ao fútbol sala pero necesitan axuda, xa sexa en forma de patrocinio ou de material deportivo.

Segundo asegurou unha das propias xogadoras este é “un clube modesto que non conta con ningún tipo de axuda de ningún estamento público”. E que tódolos gastos que tiveron ata o de agora, “foron sufragados polas propias xogadoras, o adestrador e un patrocinador”, que lle proporcionou camisetas, polo que agora queren dar un paso máis, pedindo a colaboración de quen as queira axudar.