O Club Ciclista Maceda e a Real Federación Española de Ciclismo organizan o campionato de BTT que vai ter lugar os días 15, 16 e 17 de xullo.
A localidade ourensá será a sede desta proba deportiva que arranca o venres. O sábado pola mañá terán lugar as probas máster nun circuito urbano. O domingo será a quenda das categorias junior, sub 23 e élite, tanto masculina como feminina.
O campionato que se vai disputar en Maceda contará coa presenza do local Pablo Rodríguez Guede que a piques estivo de clasificarse para os xogos de Río 2016. Tamén estarán presentes José Antonio Hermida, prata olímpica en Atenas.
Dende a organización agardan a chegada de 500 deportistas durante os tres días de competición e que chegan de todos os recunchos de España cos seus equipos.
O evento deportivo contará ademais cunha achega de 24.000 euros que aporta a Deputación de Ourense.