Citas deportivas para esta fin de semana na Limia

portada deportes
Citas deportivas para esta fin de semana na Limia

Empezamos con baloncesto pois na noite do venres o AB Xinzo enfróntase ó BCO Aceites Abril Bosco. O equipo de Ourense verase as caras cos locais no pavillón de Xinzo de Limia ás 21.30h.

Vai ser unha fin de semana co baloncesto como protagonista pois o domingo dispútanse tres partidos tamén no pavillón de Xinzo. O primeiro será o do AB Xinzo - Lemos da liga cadete femenina, a partir das 12h. Xa pola tarde ás 16h, enfróntanse o AB Xinzo - ABO Ourense, partido da liga alevín masculino. Pecha a xornada o encontro entre eo AB Xinzo - Allariz da liga benxamín, ás 18.45h.

En canto ó fútbol sala, arranca a xornada o sábado no pavillón de Xinzo, co Area 12-P.tintoFs - Dacon Fs. Os locais buscarán a victoria a paritr das 16h.

Un pouco máis tarde é a quenda dos equipos femininos. O Antela FC que se estrea este ano na Liga Cabreiroá Prov. Feminina, enfróntase ó Cidade de Ou F.S. As locais buscan a vitoria a partir das 18h.

O Xinzo Femenino FS ten por diante un partido forte. Recibe a visita do EDC Celanova que van de primeiras na clasificación. A cita será ás 19.30h.

O fútbol continúa o sábado no campo do ACD A Saínza que recibe ó Parada de Sil a partir das 16.15h. O domingo, o Antela FC tratará de remontar a súa mala racha destas tes últimas xornadas de liga. Recibe na Moreira ó CD Velle ás 16.15h. O Vilar de Barrio tamén xoga na casa esta fin de semana, será o domingo contra o San Roque a partir das 16.15h. O Boado FC xofa fóra, visita o campo do CD Vilardevós, o sábado ás 16.15h.