Patricia F.S
5 de julio de 2016, 21:51
O luns deu comezo a semana de xullo e con ela unha nova edición do campus deportivo que organiza a Concellaría de Deportes e Xuventude e os club EDC Xinzo, A.B Xinzo e A.D Limiactiva.
Desta volta o número de participantes supera as expectativas e segundo fontes municipais, máis de 160 nenos e nenas van formar parte das actividades deportivas a cargo de 17 monitores. Durante o mes de xullo poderán gozar de excursións, piscina e todos os talleres programados polos técnicos deportivos e educadores da concellaría.
Un campamento de verán que comeza e outros que chegan ó seu fin como o III Campus de Fútbol e Ximnasia.
Os participantes recibiron un diploma e un conxunto de agasallos.