Comezo do Entroido que non significa a fin dos problemas para os equipos limiaos

Comezo do Entroido que non significa a fin dos problemas para os equipos limiaos

RICKY

Domigo Fareleiro, comezo do Entroido, e como non iso quere dicir, problemas para os equipos limiaos. O Boado como non, non é unha excepción.

O Boado visita na tarde do domingo o sempre difícil campo do Medo, e con numerosas baixas, unhas extremadamente importantes, os dous porteiros do equipo estaban lesionados, o que fixo que Diego Boia tivese que ocupar a portería boadesa.

O partido comezaba cun claro dominio local, e o Boado non sabía que facer co balón nos pés. Así á media hora o Vilariño adiantábase nun corner, cun bo remate de cabeza do seu dianteiro. Aínda así Diego solventaría todas as ocasións rivais, pero o árbitro anularíalle un fermoso tanto de Pek por interpretar que Pisto estaba en fora de xogo e non deixara ver ao porteiro. Con este desbaraxuste chegaríase ao descanso, que lle valería ao  Boado para reaccionar. Na segunda metade viuse a un Boado mellor pero lonxe do que nos ten acostumado, así pronto chegaría o gol visitante. Kolega recolle unha boa xogada dos medios boadeses, e remata cun tiro cruzado. O partido a partir dese momento, entra nun rueiro difícil de parar. Chegaría o 2-1 local nunha xogada por banda dereita que o dianteiro remata comodamente outra vez de cabeza, e así chegaríanse aos minutos finais. Pero un pase longo do gardaredes de Nocelo, crea unha indecisión entre o central e o porteiro local que Pablo de Currás aproveita para roubarlle a carteira e antes de que puidera rematar a gol, aparece Vila e empurra conseguindo o 2-2 final.

Punto que sabe a vitoria polas condicións nas que se afrontou o partido.

O outro equipo limiao consigue unha vitoria moi dura ante un equipo que en ningún momento llo pon fácil. As ocasións e o dominio viñan por parte do equipo visitante xa que o equipo local tamén lle pasou factura o comezo do Entroido. Nesta xornada cómpre destacar as ganas do equipo local e a actuación do porteiro Rodri que detivo un penalti e deu os 3 puntos. Chega a reacción do Antela que esperemos non sexa tarde despois da destitución doutro adestrador máis, agora chegan 3 fichaxes do país veciño esperemos a tempo,moi mala planificación do equipo local que para o ano lle ten que servir de experiencia.

Xa na segunda rexional o Piñeira consigue a segunda vitoria consecutiva que o fai ascender á oitava praza da liga,partido duro contra un Cartelle sempre aguerrido que puxo moi difícil as cousas. Xa na segunda parte Saviola con dous goles e Ricky con 1 dan a volta a un partido difícil de disputar polas condicións climáticas.

Xa na terceira rexional suspendeuse o partido do Porqueira e vitoria dun Antela b que volve ver de cerca o tan desexado ascenso,todo por decidir pero xa dous equipos con pé e medio na segunda rexional o nomeado xa Porqueira e o Lobios.

Categorías Inferiores:

Xuvenil 3-2 Celanova

Cadete -31 Maceda

Ponte 5-2 Infantil

Barbadas 6-0 Alevín A

Alevín b 4-2 Verín

Benxamín a 0-6 Calasancio

Barbadás 0-4 Benxamín B