COMO NA CASA EN NINGURES

Instantánea - 466
COMO NA CASA EN NINGURES

Antela 3 Valenzá 0

Vitoria cómoda dos antelistas ante a Valenzá. Na primeira parte as forzas estiveron igualadas ata que a combinación Xosé-Rivero fixo que este último fixera o 1-0 e o seu oitavo gol no campionato. No segundo tempo o Antela foi superior e marcou dous goles máis de dous xogadores que se asentan no equipo. Dende a frontal marcou Bass ante o seu ex equipo e a revelación Figueiredo marcou o terceiro. Na Moreira as fichaxes carburan, os dianteiros golean e a afección desfruta. Fóra é outro cantar. Para a semana nova oportunidade en Francelos. Os branquinegros seguen en postos de ascenso