Xinzo recoñecerá con Expediente de Honra ao ciclista Carlos Canal

IMG_2333
Xinzo recoñecerá con Expediente de Honra ao ciclista Carlos Canal

A Concellería de Deportes, Educación e Xuventude solicitou á Xunta de Goberno Local que tramite un recoñecemento público ao deportista limián.

A Concellería de Deportes, Educación e Xuventude vén de solicitar á Xunta de Goberno Local que tramite un recoñecemento público ao ciclista limián Carlos Canal polos seus éxitos deportivos.

O mozo limián será previsiblemente recoñecido cun Expediente de Honra polo Concello de Xinzo de Limia,, previa aprobación do mesmo polo pleno do consistorio.

Carlos Canal vén de se proclamar campión de España de ciclocross en categoría "junior" tras dominar de principio a fin na proba disputada no embarradísimo circuíto da localidade guipuscoana de Legazpi. O deportista limián pertence ao Club Ciclista Maceda e este ano estará presente no campionato mundial da súa especialidade.