Concello e Deputación construirán as gradas do Fernández Carrera

carrera
Concello e Deputación construirán as gradas do Fernández Carrera

O pasado xoves, o Concello de Xinzo de Limia asinou un convenio coa Deputación de Ourense, para a construír as gradas do campo de fútbol José Antonio Fernández Carrera

O pasado xoves, o Concello de Xinzo de Limia asinou un convenio coa Deputación de Ourense, para a construción e mellora das gradas do campo de fútbol José Antonio Fernández Carrera. O novo acordo une unha primeira fase –asinada xa hai uns días– e unha segunda da construción total das gradas.

A inversión total no proxecto alcanzará a cifra de 111.700 € subvencionados, na súa totalidade polo organismo provincial. Dende o consistorio da capital da Limia deberase aportar –realizado polos servizos técnicos municipais– un proxecto cuantificado por ese valor, onde se incluirán –ademáis das gradas– uns vestiarios dentro do graderío, unha zona de cafetería e a mellora do alumeado do campo mediante luminarias instaladas na cuberta do mesmo.

Tamén se está planificando, dende o departamento de obras do Concello de Xinzo, a mellora de fontanería, alicatado, iluminación e calefacción dos vestiarios vellos.

Ademáis –segundo informan dende a Concellería de Deportes– hai un par de semanas tomouse a decisión, por falta de persoal os fins de semana nas instalacións d'A Moreira, de que unha empresa realice a limpeza das mesmas para que en todo momento estean axeitadas para o seu uso.