O Concello NON se fará cargo do Antela

Luis M. Gil concelleiro de Deportes e Educación
O Concello NON se fará cargo do Antela

O Concelleiro de deportes aclara un mal entendido por parte de dendealimia.com, no artigo onde se dicía que o concello de Xinzo e a súa concellería se faría cargo do Antela unha vez que ninguén se presentou para facerse cargo da súa xestión despois de haber dimitido a xunta directiva.

Do que se fai cargo directamente a concellería de deportes cos seu persoal técnico é da xestión do fútbol base, que ata agora o levaba o propio Antela club de fútbol.

Desta maneira a concellería asegura a continuidade do fútbol base , que si e unha das súas competencias, pero de ningunha maneira, polo menos esa é a súa intención, será levar a cabo a xestión do clubs de fútbol \“sénior\” actualmente e milagrosamente non descendido da \“primeira rexional\”