O Concello de Xinzo abre o prazo para anotarse ás escolas deportivas municipais

dddd
O Concello de Xinzo abre o prazo para anotarse ás escolas deportivas municipais

O curso deportivo comeza a súa andaina e inclúe unha longa lista de actividades. Os adultos poderán anotarse a modalidades como o cachibol para maiores de 60 anos os venres ás 10.30h ou ximnasia de mantemento luns, martes e xoves tamén as 10.30h no Pavillón Municipal.

Este curso tamén contará con clases de ximnasia rítmica, educación física de base, ximnasia estética, trampolín, danza oriental, fútbol sala e fútbol-fútbol 8.

Continuarán os adestramentos de baloncesto e a maiores badminton, kárate, atletismo e orientación, kick-boxing e defensa persoal, tenis ou equitación.

Nas piscinas municipais ofértanse actividades como aerobic, aquagim, pilates, natación e matronatación de preparación para o parto.

Para consultar horarios e prezos deberán achegarse ás oficinas municipais do Concello de Xinzo.