O Concello de Xinzo organiza a 2ª Edición da Liga de afeccionados de Verán

Afeccionados
O Concello de Xinzo organiza a 2ª Edición da Liga de afeccionados de Verán
O torneo comezará o vindeiro 19 de maio e a inscrición está aberta ata o luns REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A Concellería de Deportes...

O torneo comezará o vindeiro 19 de maio e a inscrición está aberta ata o luns

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A Concellería de Deportes de Xinzo de Limia organiza a 2ª Edición da Liga de afeccionados de Verán que comezará o vindeiro 19 de maio. Co remate das ligas federadas, e así o fin das competicións da tempada 2013/2014 a Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia organiza unha serie de ligas para os  veciños de Xinzo e comarca, para que poidan seguir competindo ata o inicio da pretempada seguinte.

Despois de comezar ca liga de Veteranos de Fútbol  7,  tócalle  agora aos nados no 1999 e anos anteriores que poderán inscribirse para o torneo ata o vindeiro luns 12 de maio nas oficinas do pavillón de deportes da vila.