O Concello de Xinzo asume a dirección do Antela Fútbol Club

antela
O Concello de Xinzo asume a dirección do Antela Fútbol Club

A decisión tomouse ante falta dunha directiva para o club

A Concellería de Deportes fixo público o anuncio de que será o Concello quen asuma toda a xestión do fútbol base para a nova tempada.

O Club Escolas Deportivas xunto cos técnicos deportivos da concellería, será quen se poña á fronte da dirección do Antela Fútbol Club. A decisión tomouse ante a falta dunha directiva que se fixera responsable do fútbol base.

Segundo fontes municipais, asegurada a continuidade da canteira, o seguinte paso é agardar a que os seareiros do Antela queiran xestionar o equipo de primeira autonómica.