miércoles. 06.07.2022

A Copa da Raíña de Futbol Sala en Ourense

O Paco Paz acollerá os partidos entre o 6 e o 8 de maio. O Ourense CF Envialia xogará en cuartos de final contra Pescados Rubén Burela FS

copa reina futbol sala
copa reina futbol sala

Esta mañá sorteouse na Ciudad del Fútbol, en Las Rozas, os  emparellamentos da fase final da Copa de Su Majestad la Reina de Fútbol Sala, que se disputará en Ourense, no Pazo dos Deportes Paco Paz, entre o 6 e o 8 de maio.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, destacou na presentación da competición “a importancia de acoller en Ourense un torneo deste nivel”, garantindo o “apoio completo” da institución provincial. En relación aos visitantes que atraerá este torneo, Rosendo Fernández resaltou a excelente conectividade da provincia obtida grazas á Alta Velocidade e os seus recursos turísticos -termalismo, enogastronomía…-.

Na presentación do torneo en Las Rozas tamén interveu o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, antes de que as xogadoras da selección española feminina de fútbol sala Irene e Laura Córdoba exerceran de “mans inocentes” para determinar os cruces dos cuartos de final da competición.

Na fase final do torneo está o Ourense CF Envialia, que xogará en cuartos de final contra Pescados Rubén Burela FS. O resto de emparellamentos da competición son: Melilla Sport Capital Torreblanca FS - Arriva AD Alcorcón FSF; Marín Futsal - STV Roldán FS e Sala Zaragoza - Atlético Navalcarnero.