Crónica da fin de semana futbolística

Sin título
Crónica da fin de semana futbolística
DAVID CARNERO Comezaba ben o fin de semana para os intereses do Antela e Boado, xa  que o  Ourense B  gañaba...

DAVID CARNERO

Comezaba ben o fin de semana para os intereses do Antela e Boado, xa  que o  Ourense B  gañaba o seu  partido na tarde do sábado afastándose así dos postos de descenso a primeira autonómica. O descenso este equipo levaría un arrastre máis na primeira autonómica para os descensos de categoría nos cales están inmersos os dous clubs máis representativos da nosa comarca.

O Antela  enfrontábase  na tarde do domingo o equipo de Taboadela , era un partido difícil  a priori debido a clasificación deste equipo e aos grandes resultados acadados o longo da tempada  ,incluso loitando en momentos da tempada polo ascenso de categoría. Pero pronto se adiantou o Antela no marcador por parte de Iván Cabrera , que fixo que se plantexara o partido con mais tranquilidade. Con este resultado o partido seguía o seu transcurso  e despois dunhas moi boas intervencións do porteiro do Antela comezou o dominio absoluto do equipo local sobre un Taboadela que o único que quería era que pasaran os minutos, e así foi os minutos pasaban e os goles do Antela ían chegando ata un total de 5, sendo o resultado final de Antela 5 - Taboadela 0.

Por outro lado o Boado  viaxaba a un campo histórico da categoría como e o campo do polígono de San Ciprián, era un partido importantísimo para o obxectivo da tempada deste modesto club, pero non puido ser  e os tres puntos non puideron  vir para a Limia.

O partido comezou de maneira fantástica para os intereses do Boado  xa que nada máis comezar o partido adiantouse no marcador, pero non puido aguantalo ata o pitido final , remontando o partido o equipo de San Cibrao xa nos últimos intres.

Con estes resultado o Antela sae dos postos de descenso e arrastre da categoría, e o Boado segue neses postos de descenso , polo que ambos equipos deberá de gañar para poder estar un ano máis na 1ª categoría do fútbol provincial.

Baixando unha categoría, o Piñeira acadou unha importante vitoria fronte ao Sande que o coloca un ano máis na categoría de prata do fútbol provincial na cal o acompañará  o ano que ven o Porqueira que conseguiu o ascenso despois dun campionato no cal solo perdeu  4 partidos.

No fútbol base non foi un gran fin de semana para os equipo da Limia, xa que agás o empate dos xuvenís no seu desprazamento a Maceda , e a vitoria do Alevín B fronte o Allariz o resto de resultados foron adversos para as escadras limiás.

A vitoria do equipo dirixido por Anxo Fernández a fronte do Alevín B conseguiuse despois dun partido disputado con moitas variacións no marcador para ambos conxuntos, pero o final grazas os goles de David e Fernando, o Antela conseguiu a vitoria fronte o Allariz póndose líderes do seu grupo da Copa.

Noticias polideportivas 

Nas noticias polideportivas debemos destacar o equipo de fútbol sala Areadoce-Ptinto F.S. que milita na liga provincial e que venceu por un marcador avultado de 13-3 ao equipo de Beariz , un partido sen moita transcendencia xa que os dous equipos xa tiñan salvada a categoría antes de comezar o encontro.

Tamén nesta disciplina deportiva o equipo de fútbol sala feminino non puido conseguir a vitoria contra o Cidade das Burgas sendo o marcador de 5 goles a 4.

Outro dos eventos importantes da fin de semana era a primeira proba do circuíto ourensán de “Correndo por Ourense”, que desprazou alí un nutrido grupo de atletas da comarca da Limia e en especial do club de atletismo Limiactiva. Este club presentábase na carreira da capital ourensá con atletas en todas as categorías.

 O club limiao conseguiu grandes marcas na categoría absoluta así como a vitoria de Daniel Castillo na categoría cadete ou o terceiro posto de Nuria Pazos na categoría infantil feminina.