Crónica futbolística da fin de semana

Crónica futbolística da fin de semana
DAVID CARNERO Como era máis que probable ambos equipos da comarca da Limia resolveron os seus enfrontamentos  con vitorias ante equipos...

DAVID CARNERO

Como era máis que probable ambos equipos da comarca da Limia resolveron os seus enfrontamentos  con vitorias ante equipos que non se xogaban xa nada nesta tempada.

Debido ao horario unificado da xornada de liga os dous equipos da Limia xogaban os seus respectivos partidos o domingo a tarde, o Antela recibía o Ponte no Jose Antonio Carrera e o Boado buscaba a vitoria no campo de Eiroás fronte ao Covadonga.

O Antela con unha convocatoria algo inusual con tres porteiros entre os 16 elixidos presentouse no partido co obxectivo claro de conseguir os tres puntos, as ideas do equipo local eran claras e nos primeiros intres do partido o resultado era xa  de 2 goles a cero a favor do Antela co que o igual que no último partido na casa  foi un monólogo do equipo local, sendo os ataques  continuos sobre o meta dos pontinos que o único que podían eran resignarse o superior xogo dos locais.

Por outra contra o Boado desprazábase a Covadonga coa obriga de gañar o seu partido e así chegar con opcións a última xornada de liga .O partido non foi nada fácil para o equipo de Boado debido a que cada vez que se adiantaba no marcador, o equipo de Covadonga volvía a recortar distancias. Esa foi a tónica  do partido ata o minuto 84 que cando todo o mundo xa contaba co reparto de puntos o Boado tirou de orgullo para adiantarse no marcador e traer a vitoria para a Limia.

Fútbol Base

No fútbol base cunha tempada que está a chegar á súa fin os resultados foron moi diversos, pero cabe centrarse na importante vitoria do equipo cadete en terras de Valdeorras, triunfo importante contra un equipo que se encontraba invicto no seu campo. Con esta vitoria o equipo cadete depende de si mesmo para chegar a final da copa delegación de fútbol.

Xa baixando unha categoría, o equipo infantil empatou o seu partido que a priori é intrascendental xa que o que importa e a  fase de ascenso á liga galega, na cal están a espera para saber o rival que lle tocara en sorteo.