O cros de Antioquía volve a organizarse despois do parón do 2021 pola pandemia e agarda un récord de inscrición

cros
O cros de Antioquía volve a organizarse despois do parón do 2021 pola pandemia e agarda un récord de inscrición

O cros de Antioquía volve a organizarse despois do parón do 2021 pola pandemia e agarda un récord de inscrición

Trátase dunha proba moi esperada despois do obrigado parón do 2021 pola pandemia. O Cros de Antioquía volve ao calendario e chega a súa terceira edición con moi boas expectativas de participación. Así, agárdase superar o número de inscritos dos anos anteriores. O domingo 6 de febreiro é a data escollida para celebrar esta competición que terá as instalacións do Hipódromo da Antela como escenario e que arrancará ás 11.00 horas. Serán case 7 quilómetros de percorrido campo a través e os interesados en participar poderán inscribirse ata o próximo día 2 de febreiro.

O Cros de Antioquía está organizado pola Asociación Deportiva Limiactiva, coa colaboración dos Concellos de Xinzo de Limia e Sandías, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Hipódromo de Antela e Federación Galega de Atletismo. A participación está aberta tanto a deportistas federados como non federados.

Está previsto celebrar dúas carreiras, feminina e masculina, se ben deberán inscribirse 25 mulleres. Haberá premios para os gañadores absolutos destas dúas categorías e tamén para os tres primeiros de cada unha delas e absolutos. Por equipos tamén haberá recoñecementos. Cómpre destacar que deberán estar formados ao menos por unha muller. Sumaranse os postos dos catro compoñentes, sendo os gañadores os tres equipos que menos puntos sumen.

Será obrigatorio o uso da máscara en todas as instalacións e só poderá quitarse no momento de competir. A organización facilitará máscaras na liña de meta.

Para realizar a inscrición, todos os atletas deberan cubrir o formulario habilitado na web https://sportmaniacs.com/es ou na app SAUDETER. Para inscribir a un equipo será necesario enviar un correo electrónico a limiactiva@gmail.com indicando o nome do equipo e nome e apelidos dos catro atletas que o compoñen.