Debut en Liga Galega de “impresión” do equipo infantil da E.D.C. Xinzo

Equipo liga galega Infantil da EDC Xinzo
Debut en Liga Galega de “impresión” do equipo infantil da E.D.C. Xinzo

Partido para lembrar no debut da liga e no debut como primeiro equipo de base de Xinzo que milita en Liga Galega

Algo histórico para o noso pobo, tendo o único equipo de fútbol Base na Liga Galega.

Partido algo trabado nos inicios do encontro por o nerviosismo dos nosos rapaces, que pronto comezaron a dar os seus comezaron adiantándose no marcador.

A partir de aí, todo foi mais sinxelo, e o equipo dirixido por Juan López, e Óscar Dobaño ,comezou a carburar, e marcando ata en 3 ocasións mais antes de ir o tempo de lecer.

IMG-20230917-WA0013
Xogadores celebrando un dos goles do partido

Logo na segunda parte todo seguiu o mesmo guión e os rapaces da Escola volverían a marcar en 4 ocasións mais.

Un Debut SOÑADO por toda a escola e os nenos e nenas do noso pobo, que encheron o campo para animar o seu equipo.

A semana que ven, toca o primeiro desprazamento a terras viguesas para enfrontarse ao Colexio Hogar. O equipo encóntrase moi motivado despois do resultado de hoxe, esperando seguir facendo un “bo papel”.