O derbi esperado

o partido espertou
O derbi esperado
DAVID CARNERO Comezaba o día na comarca da Limia, e todos os afeccionados  ao fútbol limiao esperaban o partido que decidiría...

DAVID CARNERO

Comezaba o día na comarca da Limia, e todos os afeccionados  ao fútbol limiao esperaban o partido que decidiría cal dos dous equipos quedaría un ano máis na categoría de ouro do fútbol provincial.

O día comezaba cunha sorpresa para todos os limiaos no periódico provincial, con declaracións de membros de ambos equipos que o único que facían era ensombrecer un pouco o derbi que se disputaba  na tarde do domingo.

O partido espertou o interese que se esperaba na vila desprazándose moita xente ata o recinto deportivo polo que   había un transito de coches que non era o normal  nos días de partido. Pero a tarde seguía con máis sorpresas xa que acercándonos a zona de entrada viuse o que facía anos non se vía na Moreira que eran unhas grandes colas nas taquillas improvisadas pola directiva do Boado.

Xa dentro do recinto, parecía un partido de antano cando todo o mundo da vila ía pasar a tarde ao fútbol, a xente ía dando un paseo ata o complexo da Moreira e unha vez a alí os máis maiores desfrutaban do espectáculo e os máis pequenos antes e no intermedio do partido saltaban o campo para poder desfrutar dos seus minutos de gloria nun partido de maiores.

Despois da saída dos dous equipos cara o medio campo e a ovación recibida dos xogadores por parte dos afeccionados deu comezo o partido. O partido non comezou coa intensidade que requiría sendo unha primeira parte que non pasará a historia polo xogo despregado por ambos conxuntos. A segunda parte comezou xa ca intensidade que requiría o encontro cun un Boado que se volcaba no ataque para acadar a vitoria que lle daba as opcións de quedar un ano máis na categoría.  Despois de algunhas xogadas illadas por parte do Boado, o Antela conectou unha contra moi ben executada polo escadra visitante que finalizou con un tiro cruzado que Otxo despexou, e cando parecía que o perigo xa estaba afastado apareceu Manuel no segundo pau marcando o primeiro gol para o Antela.

Duro mazazo para o Boado que despois do gol recompúxose e volveu realizar ataques continuos sobre a meta de Carneiro.Cando o Boado parecía que ía lograr o empate, outra contra do equipo visitante moi similar a do primeiro gol remataba con un autogol de Pisto o intentar despexar o balón. O Partido con este resultado púxoselle moi ben para o Antela con un marcador que era moi favorable para os seus intereses, polo que o Antela fixo un cambio de plantexamento colocando o equipo nunha posición mais repregada  e colocando  5 homes na última liña defensiva.

Con este resultado, o novo plantexamento do Antela e un Boado practicamente descendido, os xogadores do Boado tiraron de orgullo para intentar mellorar o resultado que hasta ese momento reflexaba o marcador, iso conseguírono grazas a un   penalti executado por Diego deixando o marcador final de 1 gol a 2.

Con este resultado   e a segunda volta fantástica do equipo antelán, acadando un total de  26 puntos, consigue unha salvación máis que merecida. Esta gran segunda volta foi conseguida en parte por os  fichaxes que lle deron un plus que o Antela non tiña durante a primeira volta, a parte do xogo que aportaron tamén lle deu cantidade e calidade os adestramentos un factor moi importante a hora de afrontar con confianza os partidos. Polo que acertada foi a decisión da directiva no momento de tomar a decisión de realizar os novos fichaxes.

Con este último partido e o fin da tempada chega o momento para a reflexión, un  tempo de remodelación das plantillas e de planificación para a tempada que ven para ambos conxuntos.

Fútbol base

No fútbol base vamos facer unha pequena reseña o equipo Cadete do Antela f.c., que despois de unha boa tempada na que quedaron a un punto en lograr a clasificación a fase de ascenso o liga galega disputa este fin de semana a final da Copa Semecor (antiga Copa Delegación)  contra o Ourense no campo do polígono industrial a partir das 10 da mañá. Desexamos moita sorte se é posible traer o título para terras limiás.