Derbi no campo do Bande

antela
Derbi no campo do Bande
O Antela desprázase ata Bande en busca dos 3 puntos

Derbi do Limia. Un ano máis Bande e Antela disputarán un novo derbi coas espadas en todo o alto. Os banduenses están asentándose na categoría despois de verse na obriga de remodelar o equipo. Os branquinegros por outra banda levan unha xeira positiva de resultados que lle dan confianza para esta complicada saída. Será baixa para este partido Javi que segue con problemas dorsais. Ambas escadras precisan a vitoria. O partido está programado para o domingo electoral ás 16:30 no estadio do Outeiro de Bande. Por outro lado está semana confirmouse a saída de José Ángel para o Piñeira polo que a entidade que preside Pepe Pérez xa está sondando o mercado na procura de 2/3 xogadores para suplir as vacantes do citado José Ángel e Modou