Derrota do Xinzo Feminino por 2 a 4 ante o Castrelo FSF

PA183868 - copia
Derrota do Xinzo Feminino por 2 a 4 ante o Castrelo FSF

As importantes baixas do equipo limiá e un error arbitral decantaron o partido cara as visitantes

O encontro comezou coas baixas, para as locais, de Andrea Rivero e Noelia Palacios, ambas por lesión. A pesar das dificultades, as locais saíron a polo partido, exercendo unha presión que as visitantes tiñan dificultades para superar.

A igualdade seguiu hasta que as visitantes se adiantaron no marcador con un tiro lexano. O partido seguiu coa mesma tónica pero, de novo, as visitantes marcaron. A pesar de iso, as locais non baixaron os brazos e conseguiron recortar distancias en no marcador con gol de Lorena, chegando con 1 a 2 ao descanso.

A segunda metade seguiu igual pero as visitantes lograron de novo anotar o terceiro gol. Estíbaliz de falta directa, logrou o segundo gol para o Xinzo e as locais viñéronse arriba buscando o empate, pero un grave error arbitral, que expulsou a Lorena por un choque fortuíto coa porteira visitante fixo que as rapazas limianas se desconcentraran e as visitantes aproveitaron para anotar o cuarto e definitivo gol del partido.